A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ;;# [[info-akademy-es-2010@kde-espana.es|{{:contacto.png|}}]] ;;# ;#; [[:anuncio|Castellano]] <color white/white>----</color> [[:en:anuncio|English]] <color white/white>----</color> [[:eu:anuncio|Euskera]] <color white/white>----</color> [[:ca:anuncio|Català]] ;#; ====== Akademy-es 2010 ====== A Asociación [[http://www.kde-espana.es/|KDE España]] organiza xunto con [[http://itsas.ehu.es/|Itsas]], o grupo de Software Libre da [[http://www.ehu.es/|UPV/EHU]] (Universidade do País Vasco), en colaboración co Departamento de Cultura do Goberno Vasco, o evento **Akademy-es**. Este evento reune a desenvolvedores e usuarios de KDE, e terá lugar na [[:localizacion|Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao]] os días **7, 8 e 9 de maio**. Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (coma saídas, ceas, etc.) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos: * Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecementos. * Informar a profesores e estudantes universitarios das capacidades e ventaxas de KDE, para promover o desenvolvemento de Proxectos Fin de Carreira relacionados coa súa plataforma e impulsar o crecemento da comunidade. * Dar a coñecer o proxecto KDE coma contorno de escritorio e desenvolvemento a persoas sen perfil técnico. E por suposto, o principal obxectivo é que todos disfrutemos aprendendo máis sobre Software Libre e, en concreto, KDE. ====== ¿Qué é KDE? ====== [[http://www.kde.org/|KDE]] é un equipo multidisciplinar internacional que se adica ó desenvolvemento de Software Libre para crear un contorno de escritorio, unha infraestructura de desenvolvemento para diversos sistemas operativos, así coma multitude de software de ofimática, traballo en grupo, programas multimedia, aplicaciones web e Intranet, programas educativos, xogos e un longo etcétera. O software creado por KDE destaca polo seu atractivo aspecto visual, a súa gran capacidade de configuración e a súa sinxeleza de uso. Ademais, ten unha gran cantidade de programas dispoñibles con licencias libres, polo que poden ser usados e distribuidos libremente. ====== Información sobre ITSAS ====== [[http://itsas.ehu.es/|Itsas]] é o Grupo de Software Libre da UPV/EHU que pretende impulsar a adopción do Software Libre, dos estándares abertos e dos ideais da Cultura Libre no ámbito da universidade. Trátase dun grupo heteroxéneo, con membros dispersos polas diferentes facultades e pertencentes aos diferentes estamentos da universidade (mestres, investigadores, alumnos, etc). Tamén hai persoas externas á UPV/EHU. A natureza do grupo é totalmente aberta e dáselle a benvida a calqueira persoa que queira colaborar en impulsar estes ideais na nosa universidade. ====== Información sobre KDE España ====== [[http://es.kde.org |KDE España]] está formada por un grupo de desenvolvedores e contribuintes ó proxecto KDE coa intencion de dinamizar o desenvolvemento e uso do contorno de escritorio KDE. Entre eles, podemos encontrar a gran variedade de contribuintes de KDE, incluindo programadores, empaquetadores, documentadores, traductores e artistas.